O músico César Freiría, máis coñecido como Cé
Orquestra Pantasma, estivo na Casa da Xuventude, en Lugo co seu espectáculo Fíos
do Querer. Cantos, xogos e ocio compartido para nenos e nenas que participan
nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy.
Acompañados
das súas familias, gozaron de cantigas de primeiras palabras, cantigas para
abanear e para dar bicos e apertas, facer palmiñas, o cabaliño, …, música para
xogar, cantar e bailar e de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos
sonoros feitos a partir de materiais naturais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario