
Recibimos con agrado a notificación que nos envía o concello de Baleira, mediante a que nos comunica que no pleno do concello celebrado o día 30 de decembro de 2019 foi aprobada a concesión de unha subvención nominativa a esta asociación por importe de 1.300 euros para apoiar o Espazo das Familias que se veu levando a cabo no dito concello durante ao ano 2019.
Con esta achega, xunto coa da Deputación de Lugo, as familias ven reducida a súa cota de participación no Espazo que lles permite xuntarse tódalas semanas co fin de que as súas fillas e os seus fillos teñan contacto con outras nenas e outros nenos para un mellor desenvolvemento.
Ademais dos encontros semanais, as familias tamén gozaron de outras actividades que lles permitiron gozar dun tempo de ocio compartido entre adultos e crianzas moi enriquecedor
Nos concellos da montaña luguesa é especialmente necesario favorecer estes, ou outros semellantes, espazos de encontro das nenas e os nenos máis cativos da casa, que lles axudan a desenvolverse en harmonía consigo mesmos, cos demais e coa natureza; ao tempo que favorecen a creación de comunidade e a valoración positiva do contorno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario