26 de feb. de 2020

Espazo das Familias en Becerreá


O concello de Becerreá ven de comunicarnos a concesión, un ano máis, dunha subvención por importe de 1.200 euros para o desenvolvemento do Espazo das Familias nese concello durante o ano 2020; este Espazo é cofinanciado entre o concello, a Deputación Provincial e as familias participantes.


Participan familias con crianzas menores de tres anos que se reúnen tódolos mércores pola mañá para reflexionar sobre a importante tarefa de educar e para compartir tempos e  espazos con outras familias.

O despoboamento que sufrimos no noso rural tamén se nota na participación das familias nos Espazos, que non serían economicamente viables sen a colaboración dos concellos.

Por iso estamos moi agradecidas ao concello de Becerreá por seguir colaborando para que as familias teñan acceso a unha actividade que lles axude na práctica de unha parentalidade positiva coas súas crianzas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario