05/06/2014

A Asociación Antonio Gandoy na Biblioteca Nodal de Lugo

Este xoves, un grupo de nenos, nenas e adultos participantes nos Espazos das Familias da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy acudiron á Biblioteca Nodal de Lugo a gozar deste fermoso espazo cheo de libros e contos. Achegar aos máis pequenos ao mundo da lectura dun xeito lúdico e agradable é un dos obxectivos educativos que calquera educador ten que ter no seu punto de mira. E os pais e as nais somos os primeiros educadores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario