15 de dec. de 2015

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy e o CDR O Viso colaboran para implantar os Espazos das Familias na Limia

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy e o CDR O VIso asinamos o día 16 de novembro un convenio de colaboración co obxecto de apoiar a formación da persoa que está a desenvolver o programa na comarca da Limia. Esta persoa, Lucía, está a participar nas reunións de formación e programación que levamos a cabo os venres na sede da Asociación. 


Neste enlace podedes ler unha nova sobre este tema, do que estamos moi contentos por dar outro pasiño máis para non esquecer o labor iniciado por D. Antonio Gandoy co programa Preescolar na Casa, e que está dentro dos obxectivos da nosa Asociación.

Así mesmo, tamén se incorporou á Asociación Mª José, que está a desenvolver un Espazo das Familias en Sarria.

A incorporación destas dúas compañeiras vai supor, seguro, un plus de creatividade e profesionalidade que redundará nunha mellor práctica no desenvolvemento das actividades que se deseñan e que levamos a cabo coas familias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario