28/05/2016

O Son que me Arrola, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, en Ordes

O 2 de xuño, ás 11:00 h. terá lugar en Ordes “O Son que me Arrola”, unha das actividades da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, de rimas e de diversos instrumentos. 

Un momento lúdico e agradable onde a familia pode experimentar e manipular diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.

Será no Local Social na Rúa Reconciliación, e quen desexe acudir, deberá anotarse no teléfono 686446838. Se pinchas aquí, poderás ver a nova na web da Mancomunidade de Concellos de Ordes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario